micrografía

micrografía

(< micro- + -grafía)

  1. s f [FÍS/TECNOL]

    Descrición de obxectos microscópicos, que xeralmente foron observados mediante o microscopio.

  2. s f [IND]

    Técnica metalográfica de estudo das superficies metálicas, xa sexan puídas ou ben tratadas quimicamente, por medio do microscopio metalográfico. Permite obter información sobre a estrutura interna dos compoñentes do metal ou aliaxe, das dimensións e da distribución dos grans.

Palabras veciñas

microglía | microglosia | micrognatia | micrografía | micrográfico -ca | micrógrafo -fa | microgramo