microinformática
microinformática
(< micro + informática)
s
f
[INFORM]
Parte da informática relacionada co deseño, a produción, a utilización e as consecuencias dos microordenadores. A microinformática, que naceu coa aparición dos primeiros microordenadores, sufríu unha evolución extraordinaria en poucos anos. De feito, o microordenador foi ideado como unha versión simplificada e para o uso persoal dun usuario, en contraposición aos grandes ordenadores, propios das grandes instalacións informáticas e centros de cálculos e de xestión de gran capacidade. A constante evolución dos microprocesadores aumentou a capacidade de memoria, a aparición de programas cada vez máis potentes e o uso de redes locais, o que constitúe o futuro a curto prazo da informática.