micrómetro
(< micro- + metro)
-
s
m
[METROL]
Unidade de lonxitude que equivale á millonésima parte do metro.
-
s
m
[METROL]
Instrumento para a medida de lonxitudes pequenas, especialmente a imaxe dada por un telescopio ou un microscopio. Os micrómetros dos aparatos astronómicos constitúense por unha rede máis ou menos complexa de fíos e liñas moi finas. A rede actúa como unha escala graduada colocándose sobre o plano focal do obxectivo, polo que as imaxes dos corpos celestes obsérvanse sobrepostas. Os micrómetros dos microscopios son análogos aos dos aparatos astronómicos.
-
micrómetro dixital
[METROL]
Pálmer provisto dun transdutor electrónico que converte en sinal dixital a posición do caracol micrométrico respecto a un punto de referencia. Nun visualizador de pantalla de cristal líquido pódese ler a magnitude de dimensión medida.
-
micrómetro mecánico
[METROL]
pálmer.