micropteríxido -da
micropteríxido -da
(< lat científico Micropterix, xénero de insectos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos micropteríxidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos micropteríxidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, antigamente considerados como unha orde á parte (zeugópteros), e a máis antiga das bolboretas. Son microlepidópteros diurnos, e existen máis dun centenar de especies.