Micrurus
Micrurus
[ANIMAL]
Xénero de ofidios, da familia dos elápidos, que acadan como máximo 150 cm de lonxitude, caracterizados polo feito de ter a cola moi curta, a cabeza pequena e non diferenciable do colo, o tronco case cilíndrico e unha coloración moi fermosa cun debuxo formado por aneis de cor diferente, que se alternan cunha frecuencia característica, onde predominan o negro, o amarelo, o vermello e o branco. Viven baixo o chan, pedras e masas de vexetais en descomposición, en América do Norte e Central, Bolivia e Perú, e o seu veleno é moi activo.