1 militar

1 militar

(< lat militāre)

    1. adx

      Relativo ou pertencente ás Forzas Armadas e á guerra.

    2. dereito militar [DER]

      Conxunto de disposicións legais recollidas no código penal militar que regulan a organización e as funcións das Forzas Armadas.

  1. s [HIST/BÉL]

    Persoa que profesa a milicia. Nas sociedades antigas, o guerreiro formaba un estamento privilexiado, pero como profesional xurdiu en Europa durante o Renacemento, e coa creación das escolas militares o exercicio das armas colleu un aire profesional.

  2. s m [HIST]

    Membro dun grupo social que se caracterizaba pola participación en combates a cabalo.

Palabras veciñas

milisegundo | militancia | militante | 1 militar | 2 militar | militarismo | militarista