Millán

Millán
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un león rampante que leva colgada dunha cinta en cada pata dianteira unha roda de carro galego, todo de ouro; bordo axadrezado de prata e azul, de dúas ordes. Outra variante leva, en campo de azul, unha torre redonda de ouro, con homenaxe.