Millepora
Millepora
[ANIMAL]
Xénero de cnidarios coloniais urticantes, da familia dos millepóridos, da clase dos hidrozoos que presentan exoesqueleto calcario con perforacións polas que se asoman os individuos da colonia. Presentan propiedades urticantes e son parte das formacións coraliformes. Habitan nas augas tropicais costeiras do Atlántico e do Pacífico.