millones*
millones*
-
s
m pl
[HIST]
Imposto indirecto castelán, vixente desde 1590, que consistía nun recargo sobre os prezos dos produtos alimentarios básicos pagados polos consumidores. Mantívose ata a reforma tributaria de Alejandro Mon (1845). Na súa orixe recibiu o nome de servicio de millones.
-
sala de millones
[HIST]
Comisión permanente das cortes castelás creada ao final do s XVI para recadar o novo imposto por millóns de ducados, integrada por membros das cortes. Foi considerada a continuadora do Reino de Castela ao ser suprimida en 1694. Permaneceu vixente ata 1834.