Milmanda, alcázar de
Milmanda, alcázar de
Construción situada en Celanova. Edificada sobre unha cidadela romana, no s X pertencía ao mosteiro de Celanova e no s XII reconstruíuno a Coroa. Destruído e reconstruído polos irmandiños, no s XVIII comezou a súa decadencia e construíuse a igrexa de Santa María de Milmanda, que ten como campanario unha das torres do castelo.