Mimas
Mimas
[ASTRON]
O máis interior dos satélites grandes de Saturno, que foi descuberto por F.W. Herschel en 1789. Xira a unha distancia media do centro do planeta de 185.500 km, o seu período de revolución sideral é de 0,94 días e o seu diámetro de 390 km. As diversas observacións realizadas puxeron de manifesto que a súa superficie mostra unha reflectividade uniforme e que se recobre por cráteres de impacto, dos que destaca o Herschel.