mimetismo
(< gr μιμητός ‘imitable’ + -ismo)
-
s
m
[ECOL]
Propiedade dalgunhas especies indefensas de copiar a coloración aposemática ou o aspecto externo doutras especies non comestibles ou perigosas para os seus depredadores habituais. O mimetismo batesiano consiste en que a especie mimetizadora, que habita no mesmo biotopo que a especie mimetizada, se confunde con esta, que posúe mecanismos de defensa. O mimetismo mulleriano consiste en que diversas especies non comestibles ou perigosas adoptan coloracións aposemáticas idénticas para progresar na aprendizaxe dos depredadores. O mimetismo mertesiano consiste na adopción dunha coloración aposemática por parte dunha especie indefensa, unha non comestible ou perigosa e outra mortal. A especie mortal é aquela que ao ser atacada polo depredador o mata. O mimetismo preséntase nos insectos e nalgúns peixes sendo un dos principais mecanismos de defensa das especies que o posúen. OBS: Tamén se denomina mimese.
-
s
m
Disposición dunha persoa a cambiar as opinións e o comportamento por adaptarse a quen queira compracer.