Minas Gerais

Minas Gerais

Estado de Brasil, localizado entre os estados de Bahia, Espírito Santo e Rio de Janeiro ao L, São Paulo ao S, Mato Grosso e Goiás ao O, e Bahia ao N (588.383 km2; 17.891.494 h [2000]). A súa capital é Belo Horizonte. O territorio sitúase nun altiplano drenado por numerosos ríos, en especial polos afluentes principais do Paraná e o curso superior do San Francisco. A actividade mineira destaca por ser o principal centro aurífero de Brasil. A agricultura está moi diversificada e destacan os cultivos de cana de azucre, arroz, cítricos e trigo.

Palabras veciñas

Minas de Freixo | Minas de Riotinto | Minas de Seixo | Minas Gerais | Minatitlán | miñato | miñaxoia