Minch, mar de
Minch, mar de
Brazo de mar situado no NO de Escocia. Está formado polo North Minch, de entre 37 e 73 km de ancho, que separa a illa de Lewis de Escocia, e o Little Minch, de entre 23 e 32 km de ancho, que separa a illa de Skye das de North Uist e Benbecula.