mineralizador -ra
mineralizador -ra
(< mineralizar)
-
adx
Que mineraliza.
-
adx
[XEOL]
Aplícase aos gases magmáticos, tales como o hidróxeno, o vapor de auga, os compostos de flúor, boro, xofre ou carbono, e tamén a outras substancias volátiles que provocan ou facilitan a formación de minerais ao diminuír a viscosidade do magma, ao aumentaren os límites da temperatura de cristalización e actuar como axentes catalíticos, ao combinarse con algúns minerais que non se poderían formar doutra forma e ao concentrar e extraer compostos metálicos e doutros non metálicos do magma.