mingreliano -na

mingreliano -na

(< topónimo Mingrelia)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Mingrelia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Mingrelia.

  1. [ETN]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo mingreliano.

    2. s

      Individuo do pobo mingreliano.

    3. s m pl

      Pobo caucásico, establecido en Xeorxia, na rexión que lle dá nome, que corresponde en parte a antiga Cólquida.

  2. s m [LING]

    Lingua kartveliana do phylum caucásico, de características moi semellantes ao xeorxiano, que fala o pobo mingreliano.

Palabras veciñas

Minglanilla | Mingote Barrachina, Antonio | Mingrelia | mingreliano -na | mingua | minguado -da | minguante