minio
minio
(< lat minĭu)
-
s
m
[QUÍM]
Substancia en po, que ten un peso específico de 9 e unha cor que vai desde o laranxa ao vermello segundo as dimensións das partículas. Na industria obtense a partir do chumbo. É insoluble en auga e moi resistente aos ácidos minerais. O minio empregouse nun principio como colorante, pasando despois a empregarse na fabricación de vidro de chumbo ou na preparación de esmaltes e vernices, entre outros.
-
minio de aluminio
[QUÍM]
Óxido de aluminio, cun contido de óxido de ferro que pode variar entre o 25 e o 30%, que se emprega como pigmento.
-
minio de ferro
[QUÍM]
Óxido de ferro cunha certa cantidade de sílice e silicatos, que se emprega na preparación de vernices protectores.