Miña Fala
Miña Fala
[PUBLIC]
Revista cultural publicada en Ourense a partir do 5 de novembro de 1969. Cesou no segundo número. Estivo promovida polo Grupo Rumbo, un colectivo de estudantes, traballadores e seminaristas. Editouse como un caderno impreso a ciclostilo no Seminario Maior de Ourense e tentou ser unha publicación literaria, en que predominaron as poesías de temática social e relixiosa, na liña do cristianismo humanista.