miocardite

miocardite

(< miocardio + -ite)

s f [PAT]

Estado patolóxico que se caracteriza pola inflamación do miocardio, xeralmente no curso dunha enfermidade infecciosa, pero tamén por procesos inmunolóxicos ou pola acción de axentes tóxicos, químicos ou físicos, ou de irradiacións. As miocardites agudas aparecen sobre todo en enfermidades que producen virus e a miúdo son banais, aínda que algunhas veces poden dar lugar a formas crónicas, que adoitan causar lesións cardíacas irreversibles.