Mioceno

Mioceno
s m [ESTRATIG]

Época e serie do Terciario Superior, que está comprendida entre o Oligoceno e o Plioceno, que comezou hai 24.600 millóns de anos e rematou hai uns 5.100 millóns de anos. O seu clima foise enfriando progresivamente, pero mantívose máis cálido ca no Oligoceno ou no Plioceno. Tiveron lugar regresións mariñas no mar de Tetis e no istmo de Bering, causa pola que Eurasia se comunicaba con América do Norte e probablemente con África. Foi unha época de tranquilidade tectónica, os principais macizos montañosos remataron de formarse durante o Oligoceno e os continentes permaneceron estables. É o período do Terciario durante o que máis se desenvolveron os mamíferos.

Palabras veciñas

miocastórido -da | miocele | miocénico -ca | Mioceno | mioceno -na | miocinese | miocito