mioglobina

mioglobina

(< mio- + globina)

s f [BIOQ]

Hemoproteína muscular constituída por unha cadea polipeptídica de 153 residuos de aminoácido cun peso molecular aproximado de 17.000 que se atopa nas fibras musculares de moitos vertebrados. É unha molécula semellante á hemoglobina e igual ca ela contén un grupo hemo e no organismo actúa coma unha substancia que acumula e facilita a difusión do osíxeno.

Sinónimos

Palabras veciñas

miodinia | miodopsia | miofibrila | mioglobina | mioglobinuria | miografía | miográfico -ca