miosina

miosina

(< mio- + -sina)

s f [BIOQ]

Proteína fibrosa que forma parte do tecido muscular e que é a causa das propiedades contráctiles e elásticas do músculo. É unha proteína complexa que contén dous compoñentes: a meromiosina lixeira (LMM), formada por unha espiral , enrolada e dunha gran regularidade estrutural, e a meromiosina pesada (HMM), que consta dunha cabeza globular alongada e unha cola máis ou menos helicoide. A HMM é o compoñente onde se atopan os puntos de combinación coa actina.

Palabras veciñas

miosclerose | miose | miosepto | miosina | miosite | miosotis | miótico -ca