Miraflores, pazo de

Miraflores, pazo de

Construción situada en Oleiros. Realizado en cachotaría con ocos en cantaría recebados, ten planta en escuadro e, debido á pendente do terreo, é de planta baixa nun lado. O acceso presenta dous corpos diferenciados e está orientado cara ao L. Nos alzados S e O ten unha galería e un patín. Conserva unha antiga torre, que fai esquina, con tres plantas e ocos con arcos de medio punto. O conxunto está situado no interior dun parque, constituído por varios xardíns de deseño francés e un xardín botánico.