Miraz, pazo-torre de

Miraz, pazo-torre de

Construción situada en Miraz (Friol). Realizado en cantaría de granito, consta dunha torre con ameas de dous andares, con planta cadrada, e un edificio anexo de dúas plantas con corredor. Ao seu lado, desenvólvense as dependencias de servizo, arredor dun patio e o conxunto ten forma de L. Nos muros da torre atópanse os escudos dos Saavedra, Taboada e Ribadeneira. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.