moreira

moreira

(< lat moru)

  1. [PLANTA]
    1. s f

      Árbore do xénero Morus, da familia das moráceas, que presenta follas grandes en forma de corazón, dentadas e lobuladas. As flores dispóñense en espigas e as infrutescencias en sorose.

    2. moreira branca [Morus alba, Fam das moráceas]

      Árbore caducifolia, de ata 15 m de altura, que presenta codia agrisada, follas alternas con pecíolo longo, ovadas, dentadas ou lobuladas de cor verde clara e consistencia branda. As flores son pequenas, unisexuais e agrúpanse en espigas, cun froito vermello escuro. Florece entre abril e maio e é orixinaria de Asia.

    3. moreira negra [Morus nigra, Fam das moráceas]

      Árbore caducifolia, de ata 10 m de altura, de follas con pecíolo, dentadas en forma de corazón, coas flores masculinas en amentos e as femininas en espigas e infrutescescencia con pedúnculos curtos ou sésil, de cor azul-violácea a negra. Florece entre marzo e xuño e é orixinaria de Asia. En Galicia está presente en parques e xardíns. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades analxésicas, antiinflamatorias e laxantes.

  2. moreira de papel [PLANTA]

    Pequena árbore caducifolia e dioica, de follas ovaladas e serradas, flores masculinas en inflorescencias amentiformes e flores femininas en glomérulos e de inflorescencias avermelladas. Árbore ornamental e de sombra, é orixinaria de Asia oriental e de Polinesia.

  3. s f [ANIMAL/ORNIT]

    papuxa das amoras.

Palabras veciñas

Moredo | Moredo | Moreelse, Paulus | moreira | Moreira | Moreira | Moreira