Moreira, pazo-torre da

Moreira, pazo-torre da

Construción situada en Cequeliños (Arbo). Na súa orixe tivo un carácter defensivo sobre o val do Miño e pertenceu á familia Vázquez Puga, da que aínda se conserva o seu escudo de armas nunha das fachadas. A edificación data do s XVIII e ten dúas alturas e está construída en cantaría e cachotaría. Destaca, nun ángulo, a torre ameada con garitas. Conserva a capela, exenta, o pombal e unha fonte de 1856.