morfina

morfina

(< lat Morpheus + -ina)

Nome científico: [C<sub> 17</sub> H<sub> 19</sub> NO<sub> 3</sub> ]
s f [MED]

Principal alcaloide do opio (o seu extracto contén un 20%), coñecido desde 1806 e sintetizado por Gates e os seus colaboradores en 1952, que se emprega como estupefaciente. Actúa sobre o sistema nervioso e produce unha acción hipnótica, con diminución da actividade mental, e analxésica. O uso repetido de morfina e outros opiáceos provoca habituación, que, co tempo, pode producir unha intoxicación aguda, con graves alteracións no organismo, que poden levar a un estado de coma ou á morte, por parálise respiratoria.

Palabras veciñas

morfémica | Morfeo | mórfico -ca | morfina | morfinismo | morfino -na | morfinomanía