mormo

mormo

(< lat morbu ‘doenza’)

  1. s m [VETER]

    Enfermidade contaxiosa dos equinos (cabalos, asnos) producida pola bacteria Actinobacillus mallei e que se caracteriza principalmente pola inflamación e ulceración da mucosa nasal e dos ganglios linfáticos, o que provoca trastornos respiratorios que mesmo poden levar á morte. Pode ser transmitida a cans, cabras, ovellas e mesmo ao home.

  2. s m [VETER]

    Doenza que afecta ás galiñas que presentan un tumor debaixo da lingua e que pode chegar a asfixialas.

    Sinónimos: pebida, moquillo.
  3. s m

    Estado da persoa que pola falta de sono experimenta unha sensación de atordamento e de cansazo mental.

Formas incorrectas

bormo