Morrigan ou Morrigu
Morrigan ou Morrigu
-
[MIT]
Divindade da mitoloxía celta que forma parte da tríade do mesmo nome.
-
[MIT]
Tríade da mitoloxía celta composta polas deusas Nemain, Macha e Badbh, que son tres aspectos diferentes de Morrigan como divindade. Está relacionada cos Tuatha Dé Danann e representa a guerra, o destino, a morte, a fertilidade e o amor carnal. Pode adoptar diferentes aspectos, pero adoita presentarse coa forma dun corvo.