mortificación

mortificación

(< lat mortificatĭōne)

  1. s f

    Acción ou efecto de mortificar ou mortificarse.

  2. s f [RELIX]

    Privación ou padecemento voluntario que alguén se impón a si mesmo por motivos ascéticos ou relixiosos. A Igrexa Católica preséntao como o complemento voluntario aos sufrimentos redentores de Xesús Cristo.

  3. s f [MED]

    Fenómeno de diminución da vitalidade nalgunha parte do corpo, como na necrose ou na gangrena.