morto -ta

morto -ta

(< lat mortŭu)

  1. p irreg

    de morrer.

  2. adx
    1. Que non ten vida. Na tradición oral recóllense ditos como: “Morto o can, acabouse a rabia.”

      Ex: Atoparon cinco persoas mortas no río.

    2. Que non ten movemento ou actividade.

      Ex: Ata que chegue o verán a vila dos meus avós está morta. O coche caeu nas augas mortas. 

  3. adx

    Que pertence ao pasado e está en desuso.

    Ex: O latín é unha lingua morta.

  4. adx

    Que non ten vitalidade ou forza.

    Ex: Traía un vestido de cores ben mortas, Acabei morto de risa co chiste que contou Marga. Son as tres da tarde e estou morta de fame. O meniño, morto de medo, chamoume pola noite.

  5. adx

    Que experimenta algo de forma intensa. OBS: Úsase seguido da preposición de.

    Ex: Estaba morto de sono e foi para a cama. Fuxiu daquela casa morto de medo.

  6. adx

    Que está moi canso.

    Ex: Veño de traballar e chego morto á casa.

  7. s

    Persoa que morreu. Na tradición oral recóllense ditos como: “O morto e o ausente non son xente. Os mortos non se queren levantar para que non lles collan o seu lugar”.

    Ex: A chegada do morto está prevista para as tres da tarde.

  8. s m [MAR]

    Áncora dunha soa uña cravada no fondo e fixada solidamente nunha boia onde se amarran as embarcacións.

  9. capital morto [ECON]

    Capital que non produce ningún beneficio.

  10. letra morta [DER]

    Lei ou convención escrita que queda sen efecto e que non se aplica.

  11. peso morto

    Aquilo que pesa unha persoa ou unha cousa que non fai nada de forza cara a riba.

Frases feitas

  • Botarlle/Cargarlle/ Encambarlle o morto a un. Botar as culpas a alguén sen saber se é culpable.

  • Desenterrar os mortos. Criticar e murmurar dos que xa morreron.

  • Estar morto e enterrado. Estar definitivamente esquecido.

  • Facer o morto. Sosterse inmóbil, estirado e cara a arriba, sobre a auga.

  • Non ter onde caer morto/Ser un morto de fame. Ser alguén desprezado pola súa pobreza ou pola súa insignificancia.

  • Tocar a morto/de morto Tocar as campás cun son grave para anunciar a morte de alguén.