1 mosaico
(< ital mosaico)
-
s
m
-
[ARTE/DEC]
Decoración dunha superficie que se fai incrustándolle anacos de pedra, de mármore ou doutros materiais de diferentes cores. Hai que distinguir dúas categorías: o mosaico de pavimento e o mural. O mosaico de pavimento máis antigo (s VIII a C), realizado en Gordion, fíxose con seixos de río de diferentes cores. A mesma técnica foi empregada en Grecia durante os ss VI-IV a C, nos mosaicos da cidade de Pella, e máis tarde en Sicilia. Coa invención do opus tessellatum o artista tallou e uniu as teselas utilizando mármore, pedras calcarias e pastas vítreas; os mosaicos de teselas máis antigos descrubríronse en Morgantina (Sicilia). Durante os primeiros séculos despois de Xesús Cristo, o mosaico de pavimento romano foi en branco e negro (Pompeia, Ostia), pero no s III xa se impuxeron as grandes composicións polícromas e figuradas. Nas provincias romanas de occidente o mosaico de pavimento decaeu na fin do s VI, e non renaceu ata os ss IX e X. O mosaico mural apareceu en Roma durante o s I, e non se consolidou en occidente antes dos ss II e III. Do s IV consérvanse os mausoleos de santa Constanza (Roma) e o de Centcelles (Tarragona). O momento de apoxeo do mosaico mural situouse en Bizancio do s VI ao XIII. Se ben a técnica do mosaico tivo o seu máximo esplendor na época grecorromana, paleocristiá e bizantina, non se deixou nunca de utilizar, nin no Renacemento nin nas etapas posteriores. Foi na fin do s XIX, en tempos do modernismo, cando o mosaico tivo novamente un momento notable con artistas como G. Klimt, e tamén foi moi utilizado na decoración do s XX.
-
Conxunto de cousas dispostas que ofrecen o aspecto dun mosaico.
-
[ARTE/DEC]
-
s
m
[XEOG]
Serie de fotografías aéreas, que reciben o nome de fotogrametría, que se unen cando se pretende reunir nun só plano unha gran superficie de terreo para fotografala.
-
s
m
[CONSTR]
-
Baldosa para pavimentar interiores, moi fácil de abrillantar e xeralmente de forma cadrada, de 20 a 40 cm de lado. Pode fabricarse tamén en forma hexagonal e oitavada. OBS: Tamén se denomina mosaico hidráulico.
-
Pavimento feito con baldosas de mosaico.
-
-
s
m
[BOT/PAT]
Enfermidade das plantas, como do tabaco, pataca ou tomateira, causada por virus. O virus do mosaico do tabaco foi descuberto polo botánico ruso D. I. Ivanovskij (1864-1920) en 1892, e é o primeiro virus coñecido. Os síntomas máis claros da enfermidade son a ondulación das follas tenras, acompañada de manchas cloróticas en forma de empedrado. Recibe diversos nomes segundo os síntomas que producen, como mosaico punteado ou mosaico en anel. O método principal de loita baséase na prevención e na eliminación dos posibles vectores, os insectos, desta enfermidade.
-
s
m
[XEN]
-
Organismo ou tecido, derivado dun só cigoto, que, por feitos ocorridos despois da fecundación, mostra polo menos dúas liñas celulares con cariotipos distintos (numéricos ou estruturais).
-
Organismo híbrido, constituído por tecidos xeneticamente diferentes.
-
-
s
m
[TECNOL]
Superficie fotosensible dun iconoscopio e doutros tubos analizadores de televisión, en que inciden os raios luminosos da escena que se quere transmitir, producindo os sinais eléctricos correspondentes.