Moscova, Batalla de

Moscova, Batalla de

Combates librados nas proximidades de Moscova no inverno de 1941-1942, entre os exércitos alemán e soviético durante a Segunda Guerra Mundial. A toma de V’az’ma polo exército do mariscal Von Bock, o mes de outubro de 1941, levou a Wehrmacht a 200 km de Moscova, pero a resistencia soviética fixo fracasar a ofensiva final. Desde entón as iniciativas das operacións militares pasaron ao exército soviético, que en xaneiro de 1942 fixera retroceder aos alemáns.