Mössbauer, efecto

Mössbauer, efecto
[FÍS]

Fenómeno de emisión e absorción resoante de raios  por núcleos atómicos. Cando un núcleo excitado libre emite un fotón, este sae cunha enerxía Ejj= E - R, onde E é a diferenza entre a enerxía do núcleo e os estados final e inicial, e R (R = E2 /2 cm2, sendo m = masa do núcleo) a enerxía coa que retrocede o núcleo para non violar a conservación do momento lineal; polo contrario, cando un fotón é capturado polo núcleo e este volve ao estado excitado, a enerxía do fotón é Ejj= E + R.