Mota, fortaleza da
Mota, fortaleza da
Construción situada na Mota (Guntín). Fundouna o conde de Lugo, Ero Ordoñez, no s IX, e foi destruída polos irmandiños no s XV. En 1613, xa como parte do señorío do bispado de Lugo, comezou a súa reconstrución. Ten varios corpos arrimados, dos que destaca unha torre central cuadrangular, e conserva parte das súas murallas.