motete
motete
(< fr motet)
s
m
[MÚS]
Composición vogal de carácter case sempre relixioso, sobre texto latino, con acompañamento de instrumentos ou sen el, que adquiriu unha grande importancia nos ss XV e XVI. Moitos dos autores do barroco utilizaron este elemento, especialmente en Francia e en Alemaña. No s XIX adoptou a forma dunha ampla composición musical de carácter relixioso en que unha masa coral é acompañada por órgano e orquestra.