motopolo
motopolo
(< moto- + polo)
s
m
[DEP]
Deporte de orixe inglesa, semellante ao fútbol, practicado entre dous equipos de seis xogadores cada un montados nunhas motocicletas especiais. O campo, chan e cuberto de céspede, ten forma rectangular e dimensións variables. Cada partido consta de dous tempos de 30 minutos cada un, e o obxectivo é introducir a pelota na meta contraria, defendida por un gardameta, impulsándoa con calquera parte da motocicleta ou do corpo, agás os brazos.