1 moucho
(< lat v *noctuolu)
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
moucho de orellas común [Otus scops, Fam dos estríxidos]
Ave estrixiforme que ten as partes superiores pardas, as inferiores brancas e riscadas e o iris amarelo. Presenta unhas plumas na cabeza amodo de orellas e é a única ave rapaz nocturna que carece de plumas nas dedas. Aliméntase principalmente de insectos, en especial de ortópteros, e de pequenos vertebrados. Evita os bosques densos, aínda que selecciona sobreirais, piñeirais, carballeiras abertas e é máis abundante en zonas agrícolas con árbores e sebes, en soutos e en parques de vilas e cidades. Distribúese polas rexións temperadas eurasiáticas e no N de África, principalmente nos países mediterráneos, chegando ata o O de China e ata Polonia, Alemaña e ao lago Baikal polo N. Non aparece en Europa central, nas Illas Británicas e nos países nórdicos. Mentres que as poboacións máis norteñas son migradoras, as máis meridionais sono parcialmente, ou son sedentarias. Na Península Ibérica e Baleares está amplamente distribuída, pero é escasa no N e L de Galicia, onde é unha especie estival que chega no mes de marzo, ocupando as áreas máis cálidas, principalmente na metade S. A cría comeza no mes de abril, en niños situados en cavidades.
-
moucho pirenaico [Aegolius funereus, Fam dos estríxidos]
Ave estrixiforme, de 25 cm, que ten as partes superiores pardas con pintas brancas e as inferiores abrancazadas con liñas anchas e escuras. Habita no centro e no norte de Eurasia e América. OBS: Tamén se denomina curuxa de Tengmalm.
-
moucho real
avelaiona común.
-
s
m
Pequena ave de presa, da familia dos estríxidos, xeralmente nocturna, con cabeza grande, cara aplanada que forma “discos faciais”, e ollos dirixidos cara a adiante. Ten un peteiro ganchudo semiagochado e garras fortes, e caracterízase por presentar un voo silencioso. Algunhas especies teñen penachos de plumas amodo de “orellas”, e ambos sexos son parecidos. Adoitan aniñar en ocos ou niños abandonados. En Galicia atópanse tres especies: o moucho común, o moucho de orellas e o moucho real ou avelaiona. Esta última é, xunto coa curuxa común, a máis abondosa das rapaces nocturnas galegas. As outras dúas, sobre todo o moucho de orellas, son máis típicas de ambientes mediterráneos, aparecendo en Galicia nas zonas máis cálidas.
Sinónimos: noucho. -
moucho común [Athene noctua, Fam dos estríxidos]
Ave que se caracteriza por ter a parte superior de cor marrón escura moteada de branco apagado. Ten a cabeza ancha e os ollos amarelos, cunha característica expresión fera. Especie de distribución paleártica, esténdese desde o Mediterráneo ata China e o N de África. En Europa está amplamente distribuída alcanzando latitudes superiores aos 55° en Escandinavia e N de Rusia. En España distribúese como reprodutora na práctica totalidade do territorio peninsular pero evitando os grandes sistemas montañosos (Pireneos, Cordilleira Cantábrica, Sistema Central e Serra de Segura). Toda a península esta ocupada pola subespecie Athene noctua vidalii. Cría en Baleares, en Ceuta e en Melilla (nas dúas últimas a subespecie glaux de distribución norteafricana) pero non en Canarias. En Galicia aparece por todo o territorio, aínda que sufriu unha forte regresión nos últimos 25 anos. É unha especie extremadamente ubicua que non ten requirimentos de hábitat moi específicos. Evita fragas densas, os ambientes con elevada humidade e a alta montaña, mostrando preferencia polos espazos abertos. É frecuente en zonas agrícolas, de monte baixo, canteiras abandonadas, viñas e prados con árbores ou edificios dispersos, sobre todo en vellas construcións de pedra. Tamén aparece en parques e xardíns urbanos. Cría entre os meses de abril a xullo e fai o niño en cavidades. Aliméntase de diversos insectos voadores e pequenos animais terrestres como roedores e insectívoros. Pode cazar ás veces durante o día. A intensificación agrícola e os cambios nos usos do solo constitúen a principal ameaza para a súa conservación. A eliminación de árbores vellas e sebes resultante da concentración parcelaria levada a cabo durante os últimos anos en Galicia, reduce os lugares para a nidificación e a caza. A desaparición de construcións rurais tradicionais, que poden ser ocupadas nalgunhas comarcas ata nun 30%, tamén pode constituír un problema para a súa conservación. Ademais, morren moitos individuos, especialmente despois da cría, por atropelos.
-
moucho cornudo
bufo pequeno.
-
moucho emigrante
curuxa das xunqueiras.
-
moucho de orellas común [Otus scops, Fam dos estríxidos]
-
s
m
[ANIMAL]
santiaguiño.
-
adx e s
Que ou quen é moi pouco animado e case non fala.
-
moucho bravo
[ANIMAL]
Crustáceo decápodo, da sección dos anuros, que presenta o abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax, e as primeiras extremidades en forma de quelípodos. Son de cor vermella con liñas azuis transversais. Viven no Atlántico en fondos rochosos, desde a franxa infralitoral ata os 600 m de profundidade.
Frases feitas
-
Ser feo coma un moucho. Ser moi feo.
Refráns
- Cada moucho no seu souto.
- ¡Moucho, dámo e doucho!