Moure
Moure
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva, en campo de goles, un castelo de ouro, sumada a torre da homenaxe dunha aguia parda, e sostido dun tau de azul, fileteado de ouro, na punta. Outra variante trae, en campo de ouro, un castelo de pedra, de cachotaría de sable, con tres donjons, sumado o do medio dunha aguia de sable.