Mourentán, ponte
Mourentán, ponte
Construción situada sobre o río Deva en Mourentán (Arbo). Data do s XVIII e está realizada en cachotaría. Ten un só van con arco oxival e rasante alombada. Sitúase no antigo Camiño Real de Ribadavia a Salvaterra de Miño e Tui.