mouteira

mouteira

(< mouta)

  1. s f

    Marco que fixa os límites entre dous terreos.

    Ex: Puxeron mal a mouteira e agora teñen problemas cos límites das leiras.

  2. s f [BOT]

    Grupo de plantas ou árbores similares que ocupan un pequeno terreo que o diferenza do terreo circundante.

    Ex: Só podes cortar os carballos da túa mouteira.

  3. s f

    Montón de herba seca.

    Ex: Como tiña traza de chover fixemos unha mouteira coa herba.

  4. s f

    Mata de pelo abundante.

    Ex: Tes unha boa mouteira de pelo, non has quedar calvo.