muda
(< mudar)
-
s
f
Acción de mudar ou mudarse.
-
s
f
Alteración ou cambio que sofre algo ou alguén.
-
s
f
[ZOOL]
Proceso de cambio das estruturas epidérmicas protectoras de determinados animais, especialmente dos artrópodos. É un proceso regulado polas secrecións endócrinas de glándulas específicas. Nos réptiles, aves e mamíferos, o fenómeno da muda implica o cambio da epiderme, das plumas e do pelame, respectivamente, e vai unida ás necesidades de crecemento (nos réptiles) ou ben a fenómenos sexuais (nos mamíferos e, especialmente, nas aves) ou adaptación a un medio flutuante (nas aves e especialmente nos mamíferos).
-
s
f
Conxunto de roupa que unha persoa adoita cambiar dunha soa vez, especialmente cando se refire só á interior.
-
s
f
Traslado dun lugar a outro, xeralmente onde se vai vivir, que implica tamén o transporte de todos os mobles e pertenzas.
Sinónimos: mudanza.