mullita

mullita
s f [MINERAL]

Silicato de aluminio, de fórmula Al6Si2O13 que cristaliza no sistema rómbico. Pódese presentar en forma de agregados bacilares ou fibrosos dispostos radialmente e ten unha dureza de entre 6 e 7 e unha densidade de 3,14-3,26. Adoita ser incolora ou branca, pero tamén pode ser de cor amarela pálida, rosa ou vermella. É sintética e un valioso material refractario.