multicopista

multicopista

(< multi- + copista)

s f [TECNOL/GRÁF]

Máquina coa que se poden obter, rápida e economicamente, copias dun documento ou dun texto a partir dun clixé ou dunha folla especial. Hai tres tipos principais: de ciclostilo ou multicopistas por sistema de matriz, as impresoras offset de oficina, e as multicopistas de alcohol, case en desuso.