multímetro

multímetro

(< multi- + - 1 metro)

s m [METROL]

Instrumento de medición universal que permite medir as magnitudes eléctricas dun circuíto, como a voltaxe, a intensidade da corrente ou a resistencia. Componse dun indicador único de agulla, con diferentes escalas, ou dun visualizador dixital (multímetro dixital), e dun conmutador que conecta o circuíto de medida adecuado en cada caso.