multiplicidade
multiplicidade
(< lat multiplicĭtāte)
-
s
f
Calidade de múltiple.
-
s
f
Gran cantidade ou variedade de cousas da mesma especie.
Ex: A rexión destaca pola multiplicidade de especies botánicas endémicas.
-
s
f
[MAT]
Dado un valor propio a dun operador lineal A dun espazo vectorial E, dimensión do subespazo vectorial de E formado polos vectores propios de A que teñen a por valor propio.
-
s
f
[FÍS]
dexeneración.
-
orde de multiplicidade
[MAT]
Nun punto múltiple dunha curva, número de veces que a curva pasa por ese punto.