multiprogramación

multiprogramación

(< multi- + programación)

s f [INFORM]

Técnica que permite executar simultaneamente dous ou máis programas grazas á acción do sistema operativo, que intercala a execución dos programas, por medio das técnicas do proceso de prioridade, co obxectivo de maximizar o volume de traballo realizado por intervalo de tempo e, en xeral, de facer un uso óptimo do sistema. A multiprogramación fai posible a concorrencia de programas que funcionan en tempo real e outros que funcionan en tempo diferido; os primeiros forman o primeiro plano en relación cos segundos, que constitúen o fondo.

Palabras veciñas

multipolo | multiprocesador | multiproceso | multiprogramación | multipunto | multirracial | multirradiado -da