multituberculado -da
multituberculado -da
(< multi- + tuberculado)
-
adx
Relativo ou pertencente aos multituberculados.
-
s
m
[PALEONT]
Mamífero fósil da orde dos multituberculados.
-
s
m pl
[PALEONT]
Orde de mamíferos fósiles que se caracterizaban por posuír grandes incisivos e un diastema que lles ocupaba o lugar dos caninos e parte dos premolares; os dentes maxilares presentaban dúas fileiras de tubérculos en disposición lonxitudinal. Viviron do Triásico Superior ata o Eoceno Inferior, en Eurasia e América do Norte.