munda

munda
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo munda ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo munda.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de raza indomelánida de India centroriental, cunha cultura arcaica con división da sociedade en clans totémicos, caza, recolección e agricultura rudimentaria.

  4. linguas mundas [LING]

    Grupo de linguas do phylum austroasiático que se falan no centro e no norte de India. As máis coñecidas son o santali, o mundari, o korku, o sora e o kharia. Todas recibiron a influencia das linguas indoarias e drávidas, que as substituíron na extensa área que ocupaban.