Mungos
Mungos
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos, da familia dos herpéstidos ao que pertencen as especies M. mungo e M. gambianus. Son especies africanas de entre 1 e 2 kg de peso e con cola que mide a metade ou menos da lonxitude do corpo, e son insectívoros, principalmente. A coloración varía segundo a especie, e pode ser entre marrón grisada ou arrubiada, o M. mungo. Ademais, ten a parte traseira do lombo raiado.